A PEÑA "OS CRIANCILLAS" Actualmente en estado de redacción dos seus estatutos e,
por desexo dos seus socios fundadores:

REIVINDICA DIANTE DA UNESCO
O "GODELLO de Valdeorras" como Ben Cultural Marterial
Patrimonio da Humanidade

A variedade de uva branca con maior potencial aromático da península ibérica e tamén nos atrevemos a dicir: do mundo enteiro!!!, conta cunha excelente relación alcohol-acidez e unha capacidade de envellecemento de máis de 10 anos... inda que a nós, "os criancillas", nos gusta tomalo como viño xove ou como se ven a dicir, "dun ano para outro". De porte erguido, acios compactos e moi pequenos, bagos elípticos, vigor medio elevado, fertilidade media, o seu cultivo representa unha dificultade extrema debido á súa sensibilidade as tres pragas americanas (oidio, mildiu, filoxera), á botrytis, ao estrés hídrico, estrés térmico, ao golpe de calor, á súa dificultade para madurar, etc... Esta delicadeza en grao extremo, fixo que nunca fose esta variedade moi apreciada polos viticultores, e era escasamente cultivada en cepas illadas que eran utilizadas para aportar riqueza alcohólica e aromas a outras variedades. (ERRO HISTÓRICO !!! con perdón). A finais do século XIX e, tra-la devastación dos viñedos pola filoxera, nun reduto recanto da aldea da Portela-Portomourisco, un bo home decide atreverse a algo impensable naquel momento... PLANTAR TODO UN VIÑEDO UTILIZANDO COMO ÚNICA VARIEDADE O GODELLO!!! No lugar coñecido como PEDROUZOS, a 200 metros sobre o rio Sil, na nosa comarca de Valdeorras para a que agora reivindicamos este recoñecemento. Hoxendía, este micro viñedo de apenas 1.500 metros cadrados, convertese en centro de peregrinaxe mundial ao representar un fito histórico na viticultufa mundial: non só é o viñedo máis antigo da variedade GODELLO, senón que foi o primeiro, e de ningunha outra variedade nobre de uva para viño se coñece onde, nin quén, nin cando se prantou o primeiro.
(Wikipedia: https://es.wikipedia.org/wiki/Godello)

www.acivro.net
Data de Creación: FEB 19 2016, © Os Criancillas


Tweet