Un asador abrasador

Pero... non quedamos en que non se podía facer lume !??
Pasa o cursor pola foto e ... non o verás!!

Nin o mellor asado do mundo xustifica isto!!!

Paseabame o meu carro (mellor non digo nin marca nin modelo para non ofender) polas terras de Manzaneda, unha tarde, camiño de Raigada, logo de ter almorzado na Casa do Agenor de Coba (terras de Trives), a miña aldea. E por mor, acaso, daquel viño tinto, a carne entre chiles, as troitas envoltas na salsa milenaria froito da herdanza secular.. e o postre que un non quere pero, que acaba comendo... ai! que me saio do guión!!..
Dicía que debido a todo iso, me vin no auto -mala besta que non serve nin para regalar- en modo piloto automáico, maquinando, naquel soporífero sesteo, entre o real e o irreal, o visible e o invisible, o branco e o negro e, que curioso! súpetamente!, ao saír dunha curva: a real-irrealidade que vos presento na imaxe. Mellor non a comento. A foto, fala por si mesma e canta moito máis...
As milenarias herdanzas, a razón e suposta sensibilidade que o tempo pacientemente foi tecendo no noso ADN de seres humans, non sei por que misterioso meigallo, se esvaece e mesmo vira nunha obsesiva e crecente paixón por esa corrente vangardista (art nouveau!) endémica desta terra que non ten culapa -grande inxustiza!- desta satánica vocación -furacán desenfrenado- dos seus habitantes de dúas patas, e digo patas, por expor as súas creacións nesta galería, museo natural, simbolo da nosa identidade e que, modelado en séculos, transformamos, en só catro décadas, en bloques de formigón. Pero mira tí que o viño, o postre, as troitas e a carne achilada, me devolveron a esperanza e, soñei que se pasaba o virtual punteiro do rato por riba da imaxe!!!, a vaca volvería ó rego!