Novas

Pero... non quedamos en que non se podía facer lume !??
Pasa o cursor pola foto e ... non o verás!!

2016-03-22


Ola e benvidos a esta casa!!

Esto que parece ser unha casa de comidas, taberna ou similar, non o é tal!!!

Aínda así:

Elaboraremos pratos, menús, postres, receitas virtuais e mesmo integrais... Para dar gusto ao máis selecto da sociedade, aos escollidos, aos que por nacemento se ven na "obriga" de ter todo o dereito. Dereito a defraudar, dereito a manipular, dereito a prevaricar, dereito a dirixir, dereito delinquir...Dereito a evadir... de buen rollito "compi yogui".

Absterse deste servizo: despeinados, desaliñados, desgarabatados, atorrantes, maldicentes e malfalantes. Absterse barbudos e melenudos, poetas e saltimbanquis, mestres/as de camisa verde, enfermeiros/as, doutores/as de hospital, braceiros/as, labregos/as de pel torrada, arbitros de terceira rexional!. Putas de saldo, repartidores, mutilados, migrantes soñadores.

Este non é un establecemento para pobres, que xa teñen bastante co que teñen, nin para desafiuzados, nin indixentes, nin parados e mesmo para empregados!... Este, é un establecimento para a boa xente, xente de boa presenza e garabata, de tacón dagulla e seda importada...

Que se note o poderío!!!
Os traxes, de tres en tres!!!

Este establecimento é especial e non se serve nada en frío, o que vai quedando frío almacenase, conxelase, por se houber que repetir, por se houber que lembrar... cousas nas que insistir!

Preparamos todo en quente, guisos, cocidos, mesmo marisco do bo, como non podía ser doutro xeito: Androllas Psoestofadas, chourizos en PPitoria, empanadas ao ciutatans. E para remate, co marisco das grandes mareas, ata podemos facer un flan!!!